CAIXA DE RITMOS

Moito máis que unha escola de baile. Únete á nosa comunidade


Clases de baile para persoas adultas no centro de Vigo


Caixa de Ritmos é unha escola de baile situada no centro de Vigo especializada en clases para persoas adultas. Podes aprender diferentes estilos de bailes urbanos (hip hop, house, dancehall, afrofusion, kuduro/afrohouse), bailes swing (lindy hop, authentic jazz, claqué), baile galego ou danza contemporánea/experimental. Tanto se empezas desde cero como se xa tes experiencia. Tamén temos un coro no que poderías participar cantando swing e blues. Queres saber máis?